Bos días nenos e nenas!
Cómo estades? Espero que ben.
Comezamos co calendario.
Hoxe imos traballar con outro cadro de Joaquín Sorolla.
O nome do cadro é:
" PESCADORES VALENCIANOS "
Contamos cantos pescadores e cestos hai e nun folio escribimos con lápiz varias veces
ese número (3) e repasámolos con rotulador.
Os pescadores, como sabedes, son persoas que se adican a ir ó mar a pescar diferentes
tipos de peixes: sardiñas, rapantes, xurelos, chocos, polbo, bacallao, pescada,... Capturar peixes é a
súa profesión.
Agora nós imos pensar no que nos gustaría ser de maiores. Debuxámonos e escribimos o
nome da profesión que eleximos primeiro con lápiz e despois repasamos con rotulador.
Bicos de xeado de vainilla