viernes, 17 de abril de 2020

Xogamos coas letras

Agora quero propoñervos outra actividade:

           Precisamos dalgúns materiais que penso que todos tedes na casa.

              - Unha caixa pequena con tapa que pode ser de cartón ou plástico.

              - Un pouco de sal, fariña ou azucre (eliximos un)

              - Diferentes letras (pode ser o alfabeto completo) e números escritos nuns anaquiños de papel do tamaño dun cuarto de folio (para isto precisades que vos axuden papá, mamá, algún irmán ou irmá maior ou os avós)

              - Na base da caixa colocamos a sal, a fariña ou o azucre (SOAMENTE UN DESTES INGREDIENTES)

              - A tapa vai a servirnos para apoiar cada letra ou número.
              - A actividade consiste en que escollamos unha tarxeta (das que elaboramos antes) cunha letra ou número. Colocámola na tapa da caixa, decimos que letra ou número é e facemos co dedo índice a letra ou número na parte da caixa onde colocamos algún dos ingredientes elexidos.
                 (Ver fotos con exemplos)

              IMPORTANTE: UNHA VEZ REMATADA A ACTIVIDADE GARDADE A CAIXA CO INGREDIENTE ASÍ COMO AS TARXETAS DAS LETRAS E NÚMEROS. UTILIZARÉMOLA NOUTRAS OCASIÓNS.
               
                 Espero que desfrutedes coa actividade.
                 Boa fin de semana!
                 Biquiños



No hay comentarios:

Publicar un comentario