Seguro que onte atopastes nas vosas casas moitos obxectos con forma redonda coma os círculos que debuxastes.
Lembrade que tócanos facer a conta atrás, 7, 6. Faltan seis días.
Imos agora co calendario. Martes 21.
Hoxe faremos series con froitas
Agora escollemos no froiteiro dúas clases de froitas que teñades, por exemplo, plátano e mazá,(se non tedes éstas collede outras) e de cada tipo dúas. Colocámolas enriba da mesa e imos facendo camiñiños.
1ª Plátano - Mazá - Plátano - Mazá
2º Mazá - Plátano - Mazá - Plátano
Biquiños de azucre!!