Mostrando entradas con la etiqueta Eiruga marcapáxinas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Eiruga marcapáxinas. Mostrar todas las entradas

viernes, 24 de abril de 2020

A Eiruga marcapáxinas


    Bos días nenos e nenas!

              Cómo estades? Espero que moi ben.
              Qué emoción!!!
              7, 6, 5, 4, 3, 
              Quedan tres días!!!  e,...  poderemos saír!!!
              Completamos o calendario.


             Agora faremos xuntos un marcapáxinas para que poidamos utilizalo nos nosos contos. Cando

 estemos lendo e non poidamos seguir, colocamos a eiruga marcapáxinas e así saberemos onde temos

 que continuar cando voltemos e collamos de novo o conto.

           1º) Debuxamos sete círculos nun folio, dúas antenas e  seis patiñas. Nun dos círculos facemos

dous ollos, unha boca e unha nariz.
   
           2º)  Coloreamos un círculo de vermello, tres de verde claro e tres de verde escuro, as patiñas

de cor marrón e as antenas da cor que vós queirades.

          3º) Picamos ou recortamos cada unha das pezas.

          4º) Pegamos as diferentes pezas entre sí. Primeiro colocamos a cabeza (o cículo vermello) e

despois imos pegando os diferentes círculos comezamos polo verde claro, logo verde escuro, verde

claro, verde escuro, verde claro e verde escuro. Lembrade, seguimos a secuencia coma facíamos

coas froitas.

         5º) Finalmente pegamos as antenas no círculo vermello e as patiñas, unha en cada un dos

círculos verdes claros e verdes escuros.

         6º) Por último na parte de atrás escribimos o noso nome en maiúsculas. Pedímoslle a alguén da

casa que nos debuxe unha liña para así nos poder escribir mellor o noso nome sobre a mesma.




              Listo!!!   Bravo!!!   Así se fai!!!

             Seguro que vos quedou chulísimo!!

             Boa fin de semana!!!

                         Biquiños de plátano



     P.D:

             Moitísimas grazas familias sen as vosas mans nada disto sería posible!!!

            O luns será un día diferente para os vosos nenos e e nenas.

            Seguimos en contacto

               Apertas