Ola nenos e nenas!
Gustouvos!
Espero que sí. Agora propóñovos facer un debuxo do polo Pepe. Queridas familias cada neno
debuxará o seu Polo Pepe. Por favor, non debuxedes vós senón eles. Os nenos e nenas perciben a
realidade de xeito diferente a nós. Por iso aínda que para nós, os maiores, non se pareza para nada a
un polo para os nenos sí. Será o seu polo. Despois de facer o debuxo é o voso turno queridos pais,
nais, avós,.. escribiredes con letras en maiúscula na parte superior do folio POLO PEPE con
puntiños e eles irán repasando (seguindo a direccionalidade das letras que indico no exemplo que
adxunto) cada letra primeiro con lápiz e logo con cera ou rotulador. Moitas grazas!
Saúdos
