Que tal? Como estades? Espero e desexo que moi ben.
Seguro que vos quedaron uns cadros chulísimos.
Hoxe, o primeiriño, comezar co calendario.
E agora dicirvos que mañá vai a ser un día moi especial por iso realizaremos nos nosos cadros
un último detalle.
Qué será? Temos que esperar ata entón.
Como sabedes Van Gogh era un pintor famoso, pero hai outras persoas que adican a súa vida a
realizar tarefas diferentes: os médicos/as, enfermeiros/as, bombeiros/as camioneiros/as,
perruqueiros/as, veterinarios/as, mestres/as, escritores/as, ... Destes últimos falaremos hoxe, dos
escritores e escritoras. Sabedes que fan? Pois sí, moi ben, escriben libros, contos, poesías para
maiores e tamén para nenos.

Este domingo, é o 17 de maio e celebramos o día das LETRAS GALEGAS. Cada ano
adícaselle a un escritor. Éste o homenaxeado é RICARDO CARVALHO CALERO. É autor de
diferentes obras.
adícaselle a un escritor. Éste o homenaxeado é RICARDO CARVALHO CALERO. É autor de
diferentes obras.
Aquí deixo un conto adicado ós nenos e nenas. Titúlase "AS PITAS BAIXO A CHOIVA" .
Espero que vos guste.
Ó rematar de ver o conto imos escribir coa axuda de papá, mamá ou os avós o título do conto con
puntiños e logo nós repasamos primeiro con lápiz e despois con rotulador e facemos un debuxo do
que máis nos gustou do conto.

Biquiños de laranxa
No hay comentarios:
Publicar un comentario