Que tal resultou traballar co cadro da habitación de Van Gogh?
Espero que vos gustara.
No mesmo cadro, hoxe observamos a forma dos cristais da fiestra. Que forma teñen?
Sí, son cadrados moi ben. Contámolos e imos debuxar o mesmo número nun folio (seis cadrados).
Despois coloreamos dous vermellos, dous amarelos e dous azuis e finalmente facemos diferentes
camiños (cadrado vermello - cadrado azul - cadrado amarelo - cadrado vermello - cadrado
azul - cadrado amarelo). Podemos combinalos de maneiras distintas e obtemos diferentes series.
Empregamos as cores vermella, amarela e azul porque foron as que usou Vincent Van Gogh para
pintar o cadro.
Cando rematemos facemos as actividades interactivas.
Espero que desfrutedes.
Bicos de plátano

https://es.liveworksheets.com/dz280441vp
https://es.liveworksheets.com/qr189430vz
No hay comentarios:
Publicar un comentario