Que tal? Como estades? Gustouvos a canción de onte?
Espero que sí.
Comezamos co calendario.
Hoxe imos buscar un espello na casa e colocámonos diante del. Temos que ver, a poder ser, o
noso corpo enteiro. Observamos e contamos cantos ollos, orellas, nariz, boca, brazos, pés, mans,
pernas, cabeza,...temos. Escoitamos, vemos e cantamos a canción. Debuxámonos e coloreámonos
nun folio, escribimos o noso nome nunha esquina. A un lado do debuxo do noso corpo facemos un
número 1 e ó outro lado un número 2. Unimos cada parte do corpo co número correspondente. (Por
exemplo a cabeza, unímola co 1, os ollos co 2,...)
Bicos de melón
No hay comentarios:
Publicar un comentario